Hoxe, conmemoramos no cole o Día da Paz, para iso, no cole xa levamos varios días traballando es te corto e esta canción...
viernes, 30 de enero de 2015
martes, 20 de enero de 2015
Proxecto "As mans"
Na aula de 3 anos comezaron a traballar o seu proxecto chamado "As mans". Iniciaron cun conto introductorio no que as mans se convertían en diversos animais e, para contalo, a profe se visteu de mago con todas estas cousiñas...
Cumple Dani
O venres estivo de cumpleanos Dani da aula de 4 anos, é o primeiro en facerse maior e cumplir 5 aniños. Moitas felicidades!!
lunes, 12 de enero de 2015
Cumple Eidem e Iván
Aquí van dous dos peques da aula de catro anos que cuimpliron anos en decembro. Moitas felicidades!!
viernes, 9 de enero de 2015
E como fomos tan bos...
Onte cando chegaron á aula, os nenos/as estaban mais que emocionados contando todo o que PapaNoel e os Reis Magos lle deixaran de regalos, pero o que non esperaban é que no cole tamén deixaran algo.....pois si!! E era un peixiño, así que a partir de agora terán que encargarse de coidalos moi ben. Despois de deliberar entre todos, xa lle temos ata nomes. O da aula de tres anos é "Arcoiris"; o da aula de catro anos "Dorado"; e o da aula de cinco anos "Nemo".
Cousiñas (atrasadas) de Nadal
Aínda que o nadal xa está rematado, mais vale tarde que nunca, así que imos poñer algunhas das cousiñas e traballos que realizaron os peques na derradeira semana do primeiro trimestre.
Visita de PapaNoel: o último día de cole visitounos PapaNoel, a quen lle demos as cartas que xa lle tiñan os peques preparados. Nalgunhas aulas entrou pola ventana, polo que a sorpresa aínda foi maior!
Taller de cociña:coa axuda de queixiños, elaboramos unhas simpáticas caras de PapaNoel, a barba a simulamos con queixo de untar, este foi o resultado...
Decoración de portas: no cole celebrouse un concurso de decoración navideña de portas. Estas son as tres de infantil... a que quedaron bonitas?
Postais de Nadal: para felicitar o nadal, nas aulas elaboramos diferentes postais...
Obra de teatro "Salvar la Navidad": o xoves 17 de decembro a compañía de teatro "Cuarteatro" acudiu ao centro para representar unha magnífica obra de teatro. En realidade eran os nenos/as de 4º de primaria, pero o fixeron tan ben, que ao acabar a obra ata lle pediron autógrafos aos actores!
"Tin-Tin": este foi o villancico que traballamos todos os peques de infantil para o nadal. Deixamos aquí a melodía para ver se na casa se animan a cantalo....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)