Esperamos que pasedes unhas felices "mini-vacacións", que os peques disfruten un montón e veñan coas pilas moi cargadas para o derradeiro trimestre do curso!
O venres pasado celebramos os cumpreanos, na aula de 3, tivemos a Carlos que é o primeiro en acadar os 4 anos. Pásamolo en grande. Moitas felicidades!!
Como remate do traballo feito na aula sobre a poetisa ROSALIA DE CASTRO fomos en tren ata Padrón á casa dos camelios e onde vivía ROSALIA. Contamos 20 camelios, vimos tamén un olivo e unha árbore sabia, aínda que o tempo non nos acompañou.
Tamén visitamos unha tenda de animais onde había moitos paxaros e unha serpe grandísima de cor amarelo.
Esta semana conmemorouse o Día da Muller Traballadora, Este foi o mural que elaboramos a nivel centro con fotos dos nenos/as realizando diversas tarefas domésticas.
O prometido é deuda, a FADA PIRULETA deixounos unha pócima para cando esteamos nerviosos porque algún MALVADO fainos rabiar nos poidamos calmar por eso lle chamamos TARRO DA CALMA.
Tamén nos deixou dous reloxos de area un para a aula de 3 anos de 5 minutos e outro para a clase de 4 anos de 7 minutos que é o tempo que temos que estar mirando o TARRO DA CALMA, é moi interesante pois asi tamén nos serve para que aprendamos a xestionar o tempo.