martes, 20 de diciembre de 2016
TRES REIS EN BICICLETA
Os nen@s de infantil estivemos cantando estes días unha panxoliña que nos gusta moito e cantamos moi ben.
martes, 13 de diciembre de 2016
TALLER DE COCIÑA: BOLIÑAS DE NEVE
O venres da semana pasada, aprobeitando a semana de locos que tivemos, fixemos un taller de cociña no que cada neno/a elaborou a súa propia boliña de neve. Hai que recoñecer que lles gustou moito, aínda que o de probar a leite condensada...mmmm...todos relamian os dedos!!jeje
Non sabemos cómo chegarían á casa, pero este é o aspecto que deberían ter... :)
lunes, 12 de diciembre de 2016
EXPOSICIÓN TROMPOS
Ainda que un pouco tarde, aquí van os participantes na II Edicción de Exposición de trompos. Faltan os nenos/as de tres anos que subiremos a foto en breves.
Moitas grazas a todos os que participastes!!
miércoles, 30 de noviembre de 2016
Calendario de Adviento
Mañá comeza o tan desexado mes polos nenos/as, o mes do Nadal (como eles lle chaman), por iso nas aulas de infantil xa temos preparado cadanseu calendario para que saiban o que vai quedando. Este ano empregamos tubos de papel hixiénico e dentro levarán unha pequena sorpresa para a casa.
martes, 22 de noviembre de 2016
EMOCIONARIO: ALIVIO
A semana pasada estivemos traballando coa emoción do Alivio, a algúns custoulles mais que a outros, xa que non lles resultou de todo sinxela comprendela. Nos explicamos que é como un "casi" ou un "uf"...
Ademais, complementamos a explicación coa lectura de imaxes da lámina, así como co visionado do corto que vos deixamos aquí abaixo.
martes, 15 de noviembre de 2016
MAGOSTO
A semana pasada celebramos no cole o magosto, este ano quixemos traballar a tradición dos cucuruchos de periódico que se veñen a empregar dende fai moito tempo, por iso cada neno/a levaba as súas castañas en cadan seu propio. Ademais traballamos o conto de Maria a castañeira no que tamén aparecen representados.
Por outra banda, agradecervos a participación na II Exposición de trompos decorados. Son todos xeniais!!
viernes, 4 de noviembre de 2016
EMOCIONARIO: O MEDO
Pois coincidindo coa semana do Samaín, non se nos ocorreu unha mellor emoción para traballar que O medo, como xa é costume fixemos unha lectura de imaxes sobre a lámina e visionamos un corto.
Pero, ademais, tivemos a sorte de poder participara no Tunel do Terror que montaron os maiores de cuarto na súa clase. Non todos se atreveron a pasar, xa que estaba moi escuro...jeje
CELEBRANDO O SAMAÍN
A semana pasada e mais esta celebramos o Samaín, en Educación Infantil traballamos un pouco sobre a bruxa. Por iso, fixemos uns tags co lema de "Habelas hainas" para decorar os corredores.
Ademais, fixemos unha pócima para portarnos ben que nos veu a presentar unha bruxa (das de verdade jeje). Tamén visionamos o corto "A bruxa" que tanto lles gusta.
Deixamos aquí abaixo os gañadores do concurso de cabazas: Ainhoa de tres anos, Carlota Plaza de catro e Marcos de 5.
lunes, 24 de octubre de 2016
EMOCIONARIO: IRA
A semana pasada estivemos traballando unha nova emoción: a ira. A verdade é que quedamos moi sorprendidas coa lectura que fixeron da imaxe e, despois, visionamos o seguinte corto no que o pato Donald non é capaz de controlar a súa ira.
viernes, 14 de octubre de 2016
EMOCIONARIO: ODIO
Esta semana estivemos traballando coa emoción do odio, gracias á lámina do libro Emocionario. Escoitamos a melodía "La danza de los caballeros" de Prokofiev e visionamos o corto que vos deixamos mais abaixo.
Resultou moi interesante descubrir o que os propios nenos/as pensan que é o odio, así como a súa duración, xa que para uns duraba 80 minutos, pero outros....incluso anos!
viernes, 7 de octubre de 2016
EMOCIONARIO: AMOR
Seguindo co libro Emocionario do que vos falamos a semana pasada, esta semana traballamos o Amor. Algo que lles encantou, xa que hai amor por todas partes....jeje
Traballamos a melodía de "Sueño de amor" de LISZT. Fixemos unha choiva de ideas a raíz da lámina e, para rematar, visionamos o corto de Paperman.
lunes, 3 de octubre de 2016
NOVIDADE NO BLOGUE
Este ano introducimos unha novidade no blog, si vos fixades veredes que debaixo de cada entrada aparecen dous recadros para que valoredes se vos parecen interesantes e si vos gustan! Así trataremos de adaptar as entradas aos gustos e preferencias :)
NORMAS DA AULA 4 ANOS
Este ano na clase de 4 elaboramos as nosas propias normas, e decimos nosas porque somos nós os que as protagonizamos e saímos nelas. A ver se así as cumprimos todiñas...jeje
viernes, 30 de septiembre de 2016
EMOCIONARIO: TERNURA
Nas aulas de 4 e 5 anos comezamos un proxecto anual para taballar as emocións. Partimos do libro "Emocionario" para traballar certos sentimentos para achegarnos mais aos sentires de cada un.
Esta semana tocou a Ternura, algo que resultou aos inicios algo complexo, pero que despois de moito traballo comprenderon.
Para elo, empezamos mostrando a lámina e conversando sobre o que nos provocaba. Ademais, asociamos as láminas cunhas melodías, en concreto para a ternura cunha de Schumann.
Xa para rematar, visionamos un corto e plasmamos o que significaba para nos a ternura.
Aquí deixamos a lámina e o corto.
domingo, 25 de septiembre de 2016
PRIMEIROS DIAS DE CLASE AULA 5 ANOS
Andamos as voltas organizando a clase, recordando normas, xogos, letras, números......
Este ano fixemos seis equipos e cada un escolleu seu nome :BLANCANEVES, CARRAPUCHIÑA, BOB ESPONXA, BELADURMENTE, BLAZE E DINOSAURIOS.
Aqui deixo unhas fotiños para os fagades unha idea.
BLANCANEVES
BOB ESPONXA
DINOSAURIOS
CARRAPUCHIÑA
BLAZE
BELADURMINTE
RINCONS
CAIXAS PINTURAS
lunes, 13 de junio de 2016
ULTIMOS PROTAGONISTAS DE 4 ANOS.
Pronto rematamos o curso e estamos ultimando todos os traballos para mostrar as familias,temos moito traballo e despistamonos cunha foto que tiñamos traspapelada as das últimas protagonistas ANTIA e AITANA.
martes, 31 de mayo de 2016
TRABALLANDO OS CASTELOS
Estamos en preparación dunha morea de cousas relacionadas cos castelos.
Temos espadas e escudos e, ademais, un nomeamento de cabaleiros que.....pintamos con café!
Eles andan encantados con todo esto e así da gusto!!
domingo, 29 de mayo de 2016
PROXECTO CASTELOS
O corredor de infantil e as aulas retroceden a Idade Media, transformandose nun marabilloso castelo.
Temos que agradecer a vosa colaboración, para que os obxectivos propostos neste proxecto se poidan conseguir. MOITAS GRAZAS.
PROTAGONISTAS 5 ANOS
O curso chega ao seu fin,así que presentamos case aos últimos protagonistas...
LUCÍA
DAVID
XIANA
ALEXANDRA
NAYARA
XURXO
viernes, 27 de mayo de 2016
domingo, 22 de mayo de 2016
miércoles, 18 de mayo de 2016
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Onte celebramos o Día das letras Galegas conmemorando a Manuel Maria. Por esto, en educación infantil, traballamos o seu poema "Caracol, caracoleiro" e coñecemos un pouco sobre a súa vida. Xa sabemos que lle gustaba moito Rosalía de Castro e que era amigo de Lenadro Lamas (ilustrador que estamos traballando en educación infantil).
Aquí vos deixamos o enlace á canción e uns caracois que fixemos nun taller de barro.
viernes, 13 de mayo de 2016
PRESENTÁMOSVOS A "PIO"
Xa vistes que fai uns días o Polo Pepe fixo un niño e puxo un ovo moi particular dentro del, pois ben, hoxe cando os peques chegaron á aula atopáronse cun pequeno poliño. Tivémoslle que dar de comer e de beber que o pobre estaba famento, tamén lle puxemos nome, o cal tiveron bastante claro, xa que piaba tanto decidiron chamarlle "Pio".
E, aínda que todo era felicidade, parecía que o poliño non estaba nada contento, así que logo de varias charlas, chegamos á conclusión de que o íamos levar a unha granxa para que puidese facer novos amigos.
As súas caras de felicidade cando o viron eran todo un poema... :)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)