BO NADAL
Chegamos o final do primer trimestre e despedimonos cunha festa de NADAL vemonos no 2016.
Non comer moito que despoís engordades
BESITOS DE PURPURINA
viernes, 18 de diciembre de 2015
jueves, 17 de diciembre de 2015
miércoles, 16 de diciembre de 2015
BOLIÑAS DE CHOCOLATE
Xa que cada vez faltan menos días para rematar o trimestre, imos facendo cousiñas diferentes. Hoxe tocou un taller de cociña no que elaboramos unhas ricas boliñas con birutas de chocolate.
Por si lles encantan e tedes que facer mais na casa :), aquí van os ingredientes:
- Galletas esmagadas
- Leite condensada
- Un pouco de mantequilla
- Birutas de chocolate
Aquí vai o resultado... esperamos que lles gusten!
lunes, 14 de diciembre de 2015
viernes, 11 de diciembre de 2015
PROTAGONISTA 3 ANOS
Greta, foi a primeira protagonista na aula de tres. Aquí, como somos pouquiños, o protagonista dura 15 días, nos cales traen o seu xoguete e conto favorito, unha fotografía da familia, un alimento para compartir con todos os seus compañeiros, traballamos o conto que o protagonista truxo en setembro; así tamén, levan a mascota da aula á casa e un libro de poesías.
Sen esquecernos, do diploma cando rematan de facer todas as actividades.
10 DE DECEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DO NENO/A
Onte foi o día dos Dereitos do neno/a, para conmemoralo no centro cada aula elaborou un debuxo, texto, poesía sobre o que era para eles non ter dereito a... que gardaron, a posteriori, nunha caixa.
Despois estiveron todos expostos na entrada, e hoxe cada clase colleu a caixa doutro curso para traballar ese dereito e ver o que outros nenos/as expresaban.
Aquí vos deixamos unha canción que nos sirveu de axuda en infantil...
XA SE ACERCA O NADAL...
Cada día falta menos para que chegue o nadal e, as tan ansiadas vacacións, de momento no cole seguimos traballando nunha morea de manualidades para decorar o centro. Aquí vos mostramos algunhas...
Este é a nosa árbore de nadal, creada a partir da reutilización dos cartóns de leite...
Aquí están os peques pintando para o concurso de decoración de portas que se ven celebrando dende o ano pasado. Cando esteán rematadas subiremos fotos para que vexades o resultado final...
Xa por último, mirade como pintamos as estrelas feitas cos tubos de papel hixiénico que trouxestedes....con spray!! Os nenos/as alucinaron :)
jueves, 10 de diciembre de 2015
jueves, 3 de diciembre de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)