O derradeiro protagonista da aula de 3 foi Diego, aquí vos deixamos unha foto del.
sábado, 27 de febrero de 2016
miércoles, 24 de febrero de 2016
PROTAGONISTAS 5 ANOS
ROSALÍA DE CASTRO
No cole celebramos o día de ROSALÍA DE CASTRO, en conmemoración ao seu nacemento.
Un compañeiro da aula de 5 anos trouxonos un poemario precioso, "Rosalía pequeniña" acompañado dun CD co que disfrutamos un montón.
Tamén traballamos algún poema do libro: "Parece unha rosa".
MALVADOS DE CONTO 5
Onte pola mañá tanto os nen@s de 3 como os nen@s de 4 anos tiñan na clase unha FADA cunha carta que poñía:
"Son a fada PIRULETA e vou a axudar aos nenos cando teñan medo dalghún dos MALVADOS que veñan a visitarvos.
E para que vos tranquilizedes cando teñades algúns nervios cos piratas, ogros, bruxa...... vouvos regalar un BOTE DA CALMA"
¿A QUÉ SON CHULíSIMAS?
PROTAGONISTA 4 ANOS
Esta semá o protagonista trouxo o cole un biscoito para compartir, estaba tan bo que a profe non o puido nin probar.
sábado, 20 de febrero de 2016
EXPERIMENTO: "A INCRIBLE ROCA FLOTANTE"
Esta semana fixemos un experimento relacionado cos volcáns. Con el descubrimos que as pedras pomez flotan e,comparámolas coa goma de borrar que tamén flota.
MALVADOS DE CONTO: TALLER "FABAS MÁXICAS"
Hoxe, os nenos/as de 3 e 4 anos, seguindo co Proxecto de Malvados de Conto, coñecemos aos ogros. Para elo, lemos os contos de "Pulgarciño" e "Xan e as fabas máxicas", entre outros. Despois dispuxémonos a crear a nosa propia planta xigante, polo que botamos nun vaso un par de fabas con algodón húmido, a ver que tal están o luns cando cheguemos á aula...
miércoles, 17 de febrero de 2016
XESTIONANDO FILLOS
Para os que teñades un ratiño e queirades ver algo sobre educación cunha visión distinta e con moito humor. MERECE A PENA VELO.
viernes, 12 de febrero de 2016
PROXECTO COCIÑA E ALIMENTOS
O prometido é débeda!
Seguindo co noso proxecto, hoxe tocounos convertirnos en panadeiros e elaborar un riquísimo pan.
Os nen@s disfrutaron un montón. Unha das cousas que máis lles sorprendeu foi comprobar como a masa previamente preparada, medrara un montón logo de repousar un bo rato. Así que, ademáis de facer pan aprendemos algo sobre as reaccións químicas.
En fín que aprendemos e disfrutamos un montón e grazas a colaboración dos pais, verdadeiros expertos, todo saíu estupendamente.
Que aproveite!
martes, 9 de febrero de 2016
PROTAGONISTA 4 AÑOS
Esta semá o protagonista foi ELIAS que, por certo, nos trouxo uns doces árabes de chuparse os dedos.
viernes, 5 de febrero de 2016
E PARA REMATAR CO ENTROIDO...
Hoxe celebramos no cole o día grande de entroido, os peques viñan guapisim@s disfrazados da casa. Fixemos un desfile e degustamos postres típicos destas datas. Pasámolo en grande!
Recordarvos que os vindeiros luns 8, martes 9 e mércores 10 non hai cole, así que esperamos que pasedes unhas boas Mini-Vacacións de Entroido!
jueves, 4 de febrero de 2016
TERCEIRO DÍA DE ENTROIDO
Hoxe os peques tiñan que traer algo na cabeza, algo no pescozo e unhas gafas, mirade qué guap@s...
Recordade que mañá poden vir disfrazados da casa do que eles queiran!
MALVADOS DE CONTO 3: TALLER DE MANUALIDADES
Seguindo co proxecto de Malvados de conto, esta semana traballamos a personaxe do lobo e os diversos contos nos que aparece. Un dos que mais lles gusta "Os tres porquiños", polo que no taller elaboramos un porquiño con globos. Así foi como quedaron...
Aquí engadimos o enlace do conto que tanto lles gusta...
EXPERIMENTO: SCALEXTRIX CASERO
Seguimos realizando experimentos, esta semana tocou coñecer cómo funcionan os imáns. ademais elaboramos un scalextrix: poñemos imáns en coches de papel e movémolos pola parte baixa axudándonos dun imán. Gustounos moito.
miércoles, 3 de febrero de 2016
martes, 2 de febrero de 2016
DOCES SEFARDÍES
Xián e a súa familia ,a fin de semana pasada visitaron Ribadavia.
Acordáronse de nós e quixeron convidarnos con doces típicos sefardíes, ademáis viñan acompañados cos seus nomes e cos ingredientes empregados na súa elaboración.
Como é de imaxinar todo isto despertou a curiosidade nos peques, polo que seguiremos a investigar no tema.
Por certo estes pequechos son de moi bo paladar, non quedaron nin as migallas.
Mil grazas!
Acordáronse de nós e quixeron convidarnos con doces típicos sefardíes, ademáis viñan acompañados cos seus nomes e cos ingredientes empregados na súa elaboración.
Como é de imaxinar todo isto despertou a curiosidade nos peques, polo que seguiremos a investigar no tema.

Mil grazas!
APRENDIZAXE COOPERATIVO
As mestras de E. Infantil estamos facendo un interesante cursiño:"Aprendizaxe cooperativo".
Nas aulas estamos a desenvover mediante diferentes técnicas, actividades que precisan da colaboración de todos os membros que conforman o grupo(4 compoñentes).
Os obxectivos perseguidos son moitos:
debatir para chegar a acordos, prestarse axuda entre eles, tomar conciencia do enriquecedor que é traballar en equipos, participación de cada un dos membros...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)