viernes, 13 de mayo de 2016

PRESENTÁMOSVOS A "PIO"

Xa vistes que fai uns días o Polo Pepe fixo un niño e puxo un ovo moi particular dentro del, pois ben, hoxe cando os peques chegaron á aula atopáronse cun pequeno poliño. Tivémoslle que dar de comer e de beber que o pobre estaba famento, tamén lle puxemos nome, o cal tiveron bastante claro, xa que piaba tanto decidiron chamarlle "Pio".
E, aínda que todo era felicidade, parecía que o poliño non estaba nada contento, así que logo de varias charlas, chegamos á conclusión de que o íamos levar a unha granxa para que puidese facer novos amigos.
As súas caras de felicidade cando o viron eran todo un poema... :)

CANCIÓN MONSTRUO DE CORES

Como xa sabedes, andamos traballando as emocións gracias ao monstruo de cores, pois ben aquí vos deixamos a canción que cantamos na aula e que lle gusta moito aos nenos/as.

Por outra banda, cada semana traballamos unha emoción, a primeira.... a alegría, xa que quizais sexa a que mais os motiva. Como xa a traballamos ambas clases, aquí deixamos o monstruo amarelo e unhas pulseras que levan como remate das actividades. Pouquiño a pouco iremos subindo mais fotos do resto das emocións.

jueves, 5 de mayo de 2016

O POLO PEPE PUXO UN OVO

Onte cando os peques de tres chegaron á aula, atopáronse cunha sorpresa, e é que o Polo Pepe estaba acurrucado enriba dun niño pero, o mais sorprendente, é que dentro había un ovo...de cor azul!!
Ahora hai moita espectativa xa que, se todo vai ben, é posible que dese ovo saía un pitiño. Haberá que esperar a ver o que pasa... :)


O MONSTRUO DE CORES

A pasada semana comezamos un novo proxecto que está intimamente relacionado coas emocións. A través do conto "El monstruo de colores" vamos a traballar sentimentos e estados de ánimo. Contámosvos un pouco, o monstruo estaba feito un lío coas emocións, así que entre todos lle axudamos a poder distinguilas, gardando cada emoción nun bote. Como podedes ver cada emoción ten distinta cor, nos próximos días iremos traballándoas por separado.

lunes, 2 de mayo de 2016

PROTAGONISTAS 4 ANOS

       Este último mes estivemos bastante liado con novos proxectos e abandonamos un pouco o blog.
       Estes son os derradeiros PROTAGONISTAS da clase de 4 anos.
   MARCOS
                                 XABI
                                XIANA
                                                                   AARÓN

domingo, 1 de mayo de 2016

PROXECTO DOS ALIMENTOS

Traballando as oríxes dos alimentos aprendemos cal é o proceso da formación do sal.
Aproveitando que os alumnos de 5º levaban tempo experimentando sobre o mesmo, poidemos observar como a partir de auga salgada e por medio de evaporación a auga desaparece e o sal queda depositado no fondo dos recipentes.
FOI MOI INTERESANTE SEGUIR O PROCESO


PROTAGONISTAS 5 ANOS

Aquí están os protagonistas das últimas semanas...