A semana pasada estivemos traballando unha nova emoción: a ira. A verdade é que quedamos moi sorprendidas coa lectura que fixeron da imaxe e, despois, visionamos o seguinte corto no que o pato Donald non é capaz de controlar a súa ira.
lunes, 24 de octubre de 2016
viernes, 14 de octubre de 2016
EMOCIONARIO: ODIO
Esta semana estivemos traballando coa emoción do odio, gracias á lámina do libro Emocionario. Escoitamos a melodía "La danza de los caballeros" de Prokofiev e visionamos o corto que vos deixamos mais abaixo.
Resultou moi interesante descubrir o que os propios nenos/as pensan que é o odio, así como a súa duración, xa que para uns duraba 80 minutos, pero outros....incluso anos!
viernes, 7 de octubre de 2016
EMOCIONARIO: AMOR
Seguindo co libro Emocionario do que vos falamos a semana pasada, esta semana traballamos o Amor. Algo que lles encantou, xa que hai amor por todas partes....jeje
Traballamos a melodía de "Sueño de amor" de LISZT. Fixemos unha choiva de ideas a raíz da lámina e, para rematar, visionamos o corto de Paperman.
lunes, 3 de octubre de 2016
NOVIDADE NO BLOGUE
Este ano introducimos unha novidade no blog, si vos fixades veredes que debaixo de cada entrada aparecen dous recadros para que valoredes se vos parecen interesantes e si vos gustan! Así trataremos de adaptar as entradas aos gustos e preferencias :)
NORMAS DA AULA 4 ANOS
Este ano na clase de 4 elaboramos as nosas propias normas, e decimos nosas porque somos nós os que as protagonizamos e saímos nelas. A ver se así as cumprimos todiñas...jeje
viernes, 30 de septiembre de 2016
EMOCIONARIO: TERNURA
Nas aulas de 4 e 5 anos comezamos un proxecto anual para taballar as emocións. Partimos do libro "Emocionario" para traballar certos sentimentos para achegarnos mais aos sentires de cada un.
Esta semana tocou a Ternura, algo que resultou aos inicios algo complexo, pero que despois de moito traballo comprenderon.
Para elo, empezamos mostrando a lámina e conversando sobre o que nos provocaba. Ademais, asociamos as láminas cunhas melodías, en concreto para a ternura cunha de Schumann.
Xa para rematar, visionamos un corto e plasmamos o que significaba para nos a ternura.
Aquí deixamos a lámina e o corto.
domingo, 25 de septiembre de 2016
PRIMEIROS DIAS DE CLASE AULA 5 ANOS
Andamos as voltas organizando a clase, recordando normas, xogos, letras, números......
Este ano fixemos seis equipos e cada un escolleu seu nome :BLANCANEVES, CARRAPUCHIÑA, BOB ESPONXA, BELADURMENTE, BLAZE E DINOSAURIOS.
Aqui deixo unhas fotiños para os fagades unha idea.
BLANCANEVES
BOB ESPONXA
DINOSAURIOS
CARRAPUCHIÑA
BLAZE
BELADURMINTE
RINCONS
CAIXAS PINTURAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






