viernes, 4 de noviembre de 2016

EMOCIONARIO: O MEDO

Pois coincidindo coa semana do Samaín, non se nos ocorreu unha mellor emoción para traballar que O medo, como xa é costume fixemos unha lectura de imaxes sobre a lámina e visionamos un corto.
Pero, ademais, tivemos a sorte de poder participara no Tunel do Terror que montaron os maiores de cuarto na súa clase. Non todos se atreveron a pasar, xa que estaba moi escuro...jeje




CELEBRANDO O SAMAÍN

A semana pasada e mais esta celebramos o Samaín, en Educación Infantil traballamos un pouco sobre a bruxa. Por iso, fixemos uns tags co lema de "Habelas hainas" para decorar os corredores.
Ademais, fixemos unha pócima para portarnos ben que nos veu a presentar unha bruxa (das de verdade jeje). Tamén visionamos o corto "A bruxa" que tanto lles gusta.
Deixamos aquí abaixo os gañadores do concurso de cabazas: Ainhoa de tres anos, Carlota Plaza de catro e Marcos de 5.







lunes, 24 de octubre de 2016

EMOCIONARIO: IRA

A semana pasada estivemos traballando unha nova emoción: a ira. A verdade é que quedamos moi sorprendidas coa lectura que fixeron da imaxe e, despois, visionamos o seguinte corto no que o pato Donald non é capaz de controlar a súa ira.


viernes, 14 de octubre de 2016

EMOCIONARIO: ODIO

Esta semana estivemos traballando coa emoción do odio, gracias á lámina do libro Emocionario. Escoitamos a melodía "La danza de los caballeros" de Prokofiev e visionamos o corto que vos deixamos mais abaixo.
Resultou moi interesante descubrir o que os propios nenos/as pensan que é o odio, así como a súa duración, xa que para uns duraba 80 minutos, pero outros....incluso anos!


viernes, 7 de octubre de 2016

EMOCIONARIO: AMOR

Seguindo co libro Emocionario do que vos falamos a semana pasada, esta semana traballamos o Amor. Algo que lles encantou, xa que hai amor por todas partes....jeje
Traballamos a melodía de "Sueño de amor" de LISZT. Fixemos unha choiva de ideas a raíz da lámina e, para rematar, visionamos o corto de Paperman.



lunes, 3 de octubre de 2016

NOVIDADE NO BLOGUE

Este ano introducimos unha novidade no blog, si vos fixades veredes que debaixo de cada entrada aparecen dous recadros para que valoredes se vos parecen interesantes e si vos gustan! Así trataremos de adaptar as entradas aos gustos e preferencias :)

NORMAS DA AULA 4 ANOS

Este ano na clase de 4 elaboramos as nosas propias normas, e decimos nosas porque somos nós os que as protagonizamos e saímos nelas. A ver se así as cumprimos todiñas...jeje