martes, 16 de diciembre de 2014

Banda de música de Ribadumia

Onte viñeron polo cole os compoñentes da banda de música de Ribadumia. Estiveron explicando e ensinando aos peques como se chamaba e se tocaba cada instrumento, e tamén lles representaron varias melodías (unhas coñecíanas mais ca outras.... :)).






martes, 9 de diciembre de 2014

10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos

Este ano para a celebración dos Dereitos Humanos, no cole traballamos este corto de animación.


Xa cheira a Nadal

Como cada vez falta menos ara o Nadal, no cole tamén estamos decorando os corredores e as aulas. Aquí están todos os peques colocando uhas mans para adornar unha arbore xigante! ;)




martes, 2 de diciembre de 2014

Calendario advento

Onte, coincidindo co inicio do mes de decembro, comezamos o noso calendario de advento. Cada día un neno/a levará un sobre para a casa cunha sorpresiña dentro.


Pintando, pintando

A semana pasada os mais peques do cole traballaron cunha técnica de pintura nova!! Xa que facía bo tempo, pintaron con auga nas paredes e.....nun ratiño xa estaba borrado! A experiencia gustoulles moito, así que seguro que repiten pronto.








Cumple Mateo

A semana pasada  celebramos o cumple de Mateo na aula de 4 anos. Moitas felicidades!!



viernes, 28 de noviembre de 2014

Cumple Iker e Daniela Villalba

Estes son os primeiros cumples celebrados na aula dos maiores. Felicidades Iker e Daniela!









Magosto

Aínda que con algo de retraso, aquí van as fotos grupais que se fixeron no magosto!




lunes, 24 de noviembre de 2014

Cumple Carmen

A semana pasada tocou celebración na aula de 3 anos. Carmen estivo de cumple! Moitas felicidades!





martes, 18 de noviembre de 2014

Cocorico

Vamos a deixar aquí o conto, coa canción de Cocorico, que é un dos que mais lles gusta a todos os peques!

Seguridade viaria

Onte no cole tivemos a visita dun Policía que nos estivo falando sobre as normas que debemos de cumprir cando vamos polo arcén, á hora de cruzar os pasos de peóns... Despois tamén vimos unha peli para que nos quedasen mais afianzados os coñecementos.


viernes, 14 de noviembre de 2014

A castaña que rebentou de risa!

Aproveitando que hoxe no cole celebramos o magosto, aquí vai un vídeo co que traballamos esta festa.


E unha canción... Vivan as castañas!


Samaín!!

Xa fai uns días que celebramos no cole o Samaín, elaborando unhas divertidas pantasmas, cabazas e arañas!! Mirade qué chulas...







 






martes, 4 de noviembre de 2014

Cumple Diego e Alexandra

Na aula de 4 seguen de celebracións!! Esta semana tocoulle o turno a Diego e Alexandra que xa cumpliron 4 anos!
Moitas felicidades!