martes, 16 de diciembre de 2014

Banda de música de Ribadumia

Onte viñeron polo cole os compoñentes da banda de música de Ribadumia. Estiveron explicando e ensinando aos peques como se chamaba e se tocaba cada instrumento, e tamén lles representaron varias melodías (unhas coñecíanas mais ca outras.... :)).






martes, 9 de diciembre de 2014

10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos

Este ano para a celebración dos Dereitos Humanos, no cole traballamos este corto de animación.


Xa cheira a Nadal

Como cada vez falta menos ara o Nadal, no cole tamén estamos decorando os corredores e as aulas. Aquí están todos os peques colocando uhas mans para adornar unha arbore xigante! ;)




martes, 2 de diciembre de 2014

Calendario advento

Onte, coincidindo co inicio do mes de decembro, comezamos o noso calendario de advento. Cada día un neno/a levará un sobre para a casa cunha sorpresiña dentro.


Pintando, pintando

A semana pasada os mais peques do cole traballaron cunha técnica de pintura nova!! Xa que facía bo tempo, pintaron con auga nas paredes e.....nun ratiño xa estaba borrado! A experiencia gustoulles moito, así que seguro que repiten pronto.








Cumple Mateo

A semana pasada  celebramos o cumple de Mateo na aula de 4 anos. Moitas felicidades!!