domingo, 31 de enero de 2016

COCIÑA E ALIMENTOS

Na aula de 5 anos estamos a aprender moito sobre os alimentos.
Por votación puxémoslle nome ao noso restaurante "Bigotes fritos".
Cada día o encargado de clase escribe nunha pizarra o menú do día.

RECICLAR TAMÉN AXUDA Á PAZ

Seguimos coa RECICLAXE, e aparte das actividades propostas polo centro, no corredor dos nosos PEQUERRECHOS reciclamos a árbore que tiñamos de Nadal nunha árbore da PAZ; para elo o enchemos con verbas relacionadas co día tan importante que celebramos o venres no cole.


EXPERIMENTOS:O BAILE DOS CANGUROS

Construimos un móvil cuns canguriños de cores, e cun radiador quentamos, o aire quente fainos bailar. Tamén probamos cunhas plumas e globos.



             
GUSTOUNOS MOITO 
      

martes, 26 de enero de 2016

MALVADOS DE CONTO 2

 NOTICIAS DE VILLANOS

     Os nen@s de 3 e 4 anos ao chegar do recreo topámonos unha caixa pechada cunha nota que poñía ÁBREME.
       Dentro dela había: un sombreiro e unha variña de bruxa, unha variña de fada, unha máscara de porquiño, un xornal e, o mais importante, UN CONTO.
       A raíz de todo esto surxiron preguntas, nomes e personaxes de contos.......



       Ao día seguinte con música relaxante manipularon cada un o seu propio conto: "NOTICIAS DE VILLANOS".

lunes, 25 de enero de 2016

PROTAGONISTA 5 ANOS

Aquí temos a EIDEM, o protagonista da semana pasada

COMEZANDO COS EXPERIMENTOS

A semana pasada comezamos un proxecto de experimentos. Este foi o primeiro que realizamos: escribimos con zume de limón e vinagre, pero...non se vía nadiña, así que despois quentámolo coa plancha e apareceron como por arte de maxia!



PROTAGONISTAS 3 E 4 ANOS

Aquí van os protagonistas da última semana, Hugo González da aula de 4 e Carlota Plaza da aula de 3.



miércoles, 20 de enero de 2016

PROTAGONISTAS 3 ANOS

Aquí van dous protagonistas da aula de 3 anos que tivemos no trimestre pasado. Van cun pouco de retraso, xa que tiñamos as fotos traspapeladas.




martes, 19 de enero de 2016

PROTAGONISTA 5 ANOS

Acércase o Entroido, así que Martiño convidounos a unhas riquísimas filloas que a súa avoa preparou.


Papámolas todas!

PRIMEIRO PROTAGONISTA DE 4 ANOS DO 2016


                             HUGO CALO

lunes, 18 de enero de 2016

MALVADOS DE CONTO 1

O venres ao chegar ao cole, tiñamos unha sorpresa que nos estaba agradando. As mascotas da aula de 3 e de 4 anos tiñan escondido un "Mapa do Tesouro". Así que nos puxemos en marcha para ver que sorpresa nos agradaba. 
Pero non era tarefa fácil, xa que tíñamos que pasar por diferentes probas: cantar unha canción, dar palmas, saltos...
Cando por fin conseguimos acadar o tesouro descubrimos que se trataba dun LOBO!! Xa na aula falamos do papel que desempeñaban os lobos nos contos e, chegamos á conclusión, de que eran malos!
É así como vamos a comezar o noso proxecto chamado "MALVADOS DE CONTO"





jueves, 14 de enero de 2016

"OS ALIMENTOS"

NA NOSA CLASE APARECEU UNHA CAIXA SORPRESA FORRADA CON DEBUXOS DE ALIMENTOS. NO SEU INTERIOR ATOPAMOS, ENTRE OUTRAS COUSAS, O CONTO: "UN PAN MOI ESPECIAL".

ESTE É O COMENZO DUN NOVO E DELICIOSO PROXECTO. POR CERTO, AO LONGO DO TRABALLO IGUAL PRECISAMOS DA VOSA COLABORACIÓN.

AS NOSAS CARAS O DIN TODO!



viernes, 8 de enero de 2016

XOGAMOS COAS PALABRAS

Gústanos xogar coas palabras e pouco a pouco imos avanzando na lectura.



FELIZ 2016!!

Xa estamos de volta!
Onte chegamos ao cole e tiñamos unha sorpresa para todos! Os reis pasaron polas aulas e deixáronnos unha carta cuns bombóns... co compromiso de que nos sigamos portando igual de ben!