martes, 31 de mayo de 2016

TRABALLANDO OS CASTELOS

Estamos en preparación dunha morea de cousas relacionadas cos castelos.
Temos espadas e escudos e, ademais, un nomeamento de cabaleiros que.....pintamos con café!
Eles andan encantados con todo esto e así da gusto!!



domingo, 29 de mayo de 2016

PROXECTO CASTELOS

O corredor de infantil e as aulas retroceden a Idade Media, transformandose nun marabilloso castelo.

Temos que agradecer a vosa colaboración, para que os obxectivos propostos neste proxecto se poidan conseguir.  MOITAS GRAZAS.


PROTAGONISTAS 5 ANOS

O curso chega ao seu fin,así que presentamos case aos últimos protagonistas...

LUCÍA
DAVID
 XIANA
 ALEXANDRA
 NAYARA
 XURXO

viernes, 27 de mayo de 2016

domingo, 22 de mayo de 2016

PROTAGONISTAS CATRO ANOS

       Imos chegando ao final e tocoulles a dúas amigas CARMEN e AROA.

               Fixeron unhas poesias moi bonitas.

miércoles, 18 de mayo de 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Onte celebramos o Día das letras Galegas conmemorando a Manuel Maria. Por esto, en educación infantil, traballamos o seu poema "Caracol, caracoleiro" e coñecemos un pouco sobre a súa vida. Xa sabemos que lle gustaba moito Rosalía de Castro e que era amigo de Lenadro Lamas (ilustrador que estamos traballando en educación infantil).
Aquí vos deixamos o enlace á canción e uns caracois que fixemos nun taller de barro.


viernes, 13 de mayo de 2016

PRESENTÁMOSVOS A "PIO"

Xa vistes que fai uns días o Polo Pepe fixo un niño e puxo un ovo moi particular dentro del, pois ben, hoxe cando os peques chegaron á aula atopáronse cun pequeno poliño. Tivémoslle que dar de comer e de beber que o pobre estaba famento, tamén lle puxemos nome, o cal tiveron bastante claro, xa que piaba tanto decidiron chamarlle "Pio".
E, aínda que todo era felicidade, parecía que o poliño non estaba nada contento, así que logo de varias charlas, chegamos á conclusión de que o íamos levar a unha granxa para que puidese facer novos amigos.
As súas caras de felicidade cando o viron eran todo un poema... :)

CANCIÓN MONSTRUO DE CORES

Como xa sabedes, andamos traballando as emocións gracias ao monstruo de cores, pois ben aquí vos deixamos a canción que cantamos na aula e que lle gusta moito aos nenos/as.

Por outra banda, cada semana traballamos unha emoción, a primeira.... a alegría, xa que quizais sexa a que mais os motiva. Como xa a traballamos ambas clases, aquí deixamos o monstruo amarelo e unhas pulseras que levan como remate das actividades. Pouquiño a pouco iremos subindo mais fotos do resto das emocións.

jueves, 5 de mayo de 2016

O POLO PEPE PUXO UN OVO

Onte cando os peques de tres chegaron á aula, atopáronse cunha sorpresa, e é que o Polo Pepe estaba acurrucado enriba dun niño pero, o mais sorprendente, é que dentro había un ovo...de cor azul!!
Ahora hai moita espectativa xa que, se todo vai ben, é posible que dese ovo saía un pitiño. Haberá que esperar a ver o que pasa... :)


O MONSTRUO DE CORES

A pasada semana comezamos un novo proxecto que está intimamente relacionado coas emocións. A través do conto "El monstruo de colores" vamos a traballar sentimentos e estados de ánimo. Contámosvos un pouco, o monstruo estaba feito un lío coas emocións, así que entre todos lle axudamos a poder distinguilas, gardando cada emoción nun bote. Como podedes ver cada emoción ten distinta cor, nos próximos días iremos traballándoas por separado.

lunes, 2 de mayo de 2016

PROTAGONISTAS 4 ANOS

       Este último mes estivemos bastante liado con novos proxectos e abandonamos un pouco o blog.
       Estes son os derradeiros PROTAGONISTAS da clase de 4 anos.
   MARCOS
                                 XABI
                                XIANA
                                                                   AARÓN

domingo, 1 de mayo de 2016

PROXECTO DOS ALIMENTOS

Traballando as oríxes dos alimentos aprendemos cal é o proceso da formación do sal.
Aproveitando que os alumnos de 5º levaban tempo experimentando sobre o mesmo, poidemos observar como a partir de auga salgada e por medio de evaporación a auga desaparece e o sal queda depositado no fondo dos recipentes.
FOI MOI INTERESANTE SEGUIR O PROCESO


PROTAGONISTAS 5 ANOS

Aquí están os protagonistas das últimas semanas...