viernes, 13 de mayo de 2016

PRESENTÁMOSVOS A "PIO"

Xa vistes que fai uns días o Polo Pepe fixo un niño e puxo un ovo moi particular dentro del, pois ben, hoxe cando os peques chegaron á aula atopáronse cun pequeno poliño. Tivémoslle que dar de comer e de beber que o pobre estaba famento, tamén lle puxemos nome, o cal tiveron bastante claro, xa que piaba tanto decidiron chamarlle "Pio".
E, aínda que todo era felicidade, parecía que o poliño non estaba nada contento, así que logo de varias charlas, chegamos á conclusión de que o íamos levar a unha granxa para que puidese facer novos amigos.
As súas caras de felicidade cando o viron eran todo un poema... :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario