sábado, 27 de febrero de 2016

miércoles, 24 de febrero de 2016

PROTAGONISTAS 5 ANOS

Aquí están os dous protagonistas .

DANI                                          RAMÓN









Grazas á vosa colaboración o poemario: "Poemas con piruleta" está quedando precioso.

ROSALÍA DE CASTRO

No cole celebramos o día de ROSALÍA DE CASTRO, en conmemoración ao seu nacemento.
Un compañeiro da aula de 5 anos trouxonos un poemario precioso, "Rosalía pequeniña" acompañado dun CD co que disfrutamos un montón.
Tamén traballamos algún poema do libro: "Parece unha rosa".


MALVADOS DE CONTO 5

          Onte pola mañá tanto os nen@s de 3 como os nen@s de 4 anos tiñan na clase unha FADA cunha carta que poñía:

           "Son a fada PIRULETA e vou a axudar aos nenos cando teñan medo dalghún dos MALVADOS que veñan a visitarvos.
           E para que vos tranquilizedes cando teñades algúns nervios cos piratas, ogros, bruxa...... vouvos regalar un BOTE DA CALMA"




¿A QUÉ SON CHULíSIMAS?

PROTAGONISTA 4 ANOS

     Esta semá o protagonista trouxo o cole un biscoito para compartir, estaba tan bo que a profe non o puido nin probar.
                               
                                 PABLO

sábado, 20 de febrero de 2016

EXPERIMENTO: "A INCRIBLE ROCA FLOTANTE"

Esta semana fixemos un experimento relacionado cos volcáns. Con el descubrimos que as pedras pomez flotan e,comparámolas coa goma de borrar que tamén flota.








Ademais, tivemos a sorte de que os nenos/as de terceiro co seu profe Lalo nos fixeron unha demostración e nos falaron dos volcáns que hai nas Islas Canarias. A experiencia gustounos moito!!








MALVADOS DE CONTO: TALLER "FABAS MÁXICAS"

Hoxe, os nenos/as de 3 e 4 anos, seguindo co Proxecto de Malvados de Conto, coñecemos aos ogros. Para elo, lemos os contos de "Pulgarciño" e "Xan e as fabas máxicas", entre outros. Despois dispuxémonos a crear a nosa propia planta xigante, polo que botamos nun vaso un par de fabas con algodón húmido, a ver que tal están o luns cando cheguemos á aula...


miércoles, 17 de febrero de 2016

XESTIONANDO FILLOS


            Para os que teñades un ratiño e queirades ver algo sobre educación cunha visión distinta e con moito humor. MERECE A PENA VELO.

PROTAGONISTA 4 ANOS

      O protagonista desta semana e o do ECUADOR da lista de clase asi que xa imos pola metade.
                                 ABEL

viernes, 12 de febrero de 2016

PROXECTO COCIÑA E ALIMENTOS

O prometido é débeda!
Nen@s da aula de 5 anos en colaboración con algúns pais-nais, puxémonos coas mans na masa.
Seguindo co noso proxecto, hoxe tocounos convertirnos en panadeiros e elaborar un riquísimo pan.
Os nen@s disfrutaron un montón. Unha das cousas que máis lles sorprendeu foi comprobar como a masa previamente preparada, medrara un montón logo de repousar un bo rato. Así que, ademáis de facer pan aprendemos algo sobre as reaccións químicas.
En fín que aprendemos e disfrutamos un montón e grazas a colaboración dos pais, verdadeiros expertos, todo saíu estupendamente.
Que aproveite!  




martes, 9 de febrero de 2016

PROTAGONISTA 4 AÑOS


           Esta semá o protagonista foi ELIAS que, por certo, nos trouxo uns doces árabes de chuparse os dedos.

viernes, 5 de febrero de 2016

E PARA REMATAR CO ENTROIDO...

Hoxe celebramos no cole o día grande de entroido, os peques viñan guapisim@s disfrazados da casa. Fixemos un desfile e degustamos postres típicos destas datas. Pasámolo en grande!











Recordarvos que os vindeiros luns 8, martes 9 e mércores 10 non hai cole, así que esperamos que pasedes unhas boas Mini-Vacacións de Entroido!

jueves, 4 de febrero de 2016

TERCEIRO DÍA DE ENTROIDO

Hoxe os peques tiñan que traer algo na cabeza, algo no pescozo e unhas gafas, mirade qué guap@s...



Recordade que mañá poden vir disfrazados da casa do que eles queiran!

MALVADOS DE CONTO 3: TALLER DE MANUALIDADES

Seguindo co proxecto de Malvados de conto, esta semana traballamos a personaxe do lobo e os diversos contos nos que aparece. Un dos que mais lles gusta "Os tres porquiños", polo que no taller elaboramos un porquiño con globos. Así foi como quedaron...


Aquí engadimos o enlace do conto que tanto lles gusta...

EXPERIMENTO: SCALEXTRIX CASERO

Seguimos realizando experimentos, esta semana tocou coñecer cómo funcionan os imáns. ademais elaboramos un scalextrix: poñemos imáns en coches de papel e movémolos pola parte baixa axudándonos dun imán. Gustounos moito.


miércoles, 3 de febrero de 2016

martes, 2 de febrero de 2016

ENTROIDO


Achégase o Entroido,  nas aulas os máis pequenos pasámolo en grande.


 

 

 


PROTAGONISTA 5 ANOS

Aquí está Diego, mostrando o seu poema. 

 

DOCES SEFARDÍES

Xián e a súa familia ,a fin de semana pasada visitaron Ribadavia.
Acordáronse de nós e quixeron convidarnos con doces típicos sefardíes, ademáis viñan acompañados cos seus nomes e cos ingredientes empregados na súa elaboración.
Como é de imaxinar todo isto despertou a curiosidade nos peques, polo que seguiremos a investigar no tema.
Por certo estes pequechos son de moi bo paladar, non quedaron nin as migallas.
Mil grazas!
 


APRENDIZAXE COOPERATIVO

As mestras de E. Infantil estamos facendo un interesante cursiño:"Aprendizaxe cooperativo".
Nas aulas estamos a desenvover mediante diferentes técnicas, actividades que precisan da colaboración de todos os membros que conforman o grupo(4 compoñentes).
Os obxectivos perseguidos son moitos:
debatir para chegar a acordos, prestarse axuda entre eles, tomar conciencia do enriquecedor que é traballar en equipos, participación de cada un dos membros...
De igua xeito sírvenos para comprobar a adquisación de conceptos traballados. 


ACTIVIDADE "XEMELGOS"


LAPICES AO CENTRO


FOLIO XIRATORIO