lunes, 21 de marzo de 2016

FELICES PASCUAS

Esperamos que pasedes unhas felices "mini-vacacións", que os peques disfruten un montón e veñan coas pilas moi cargadas para o derradeiro trimestre do curso!
Recordade que volvemos o martes día 29!!

CUMPREANOS AULA DE 3

O venres pasado celebramos os cumpreanos, na aula de 3, tivemos a Carlos que é o primeiro en acadar os 4 anos. Pásamolo en grande. Moitas felicidades!!


domingo, 13 de marzo de 2016

CASA- MUSEO ROSALIA DE CASTRO

           Como remate do traballo feito na aula sobre a poetisa ROSALIA DE CASTRO fomos en tren ata Padrón á casa dos camelios e onde vivía ROSALIA.               Contamos 20 camelios, vimos tamén un olivo e unha árbore sabia, aínda que o tempo non nos acompañou.
           Tamén visitamos unha tenda de animais onde había moitos paxaros e unha serpe grandísima de cor amarelo.
          Mirade a nosa cara de felicidade.
ANOS
5 ANOS
3 ANOS

jueves, 10 de marzo de 2016

PROTAGONISTA 3 ANOS

Aquí está Carlota Hermida, última protagonista da aula de 3.

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Esta semana conmemorouse o Día da Muller Traballadora, Este foi o mural que elaboramos a nivel centro con fotos dos nenos/as realizando diversas tarefas domésticas.

sábado, 5 de marzo de 2016

PROTAGONISTA 4 ANOS

      Esta semana o protagonista foi o pequerrecho da clase, ainda que agora ca gasolina que lle bota a profe está crecendo moito.
                                SERGIO

miércoles, 2 de marzo de 2016

PROTAGONISTA 5 ANOS

O protagonista de está semana é XIÁN.
Aquí o temos,  ensinándonos o bonito debuxo que trouxo para a clase: "Estrela brillante".

PROTAGONISTA 5 ANOS

A semá pasada a protagonista foi Julia,aquí está toda contenta co seu merecido diploma. 

SEGUIMOS COS EXPERIMENTOS

A semá pasada experimentamos o que é "facer o vacío", para elo utilizamo un funil, unha palliña e un pequeno papel.

Tamén o observamos cando a profe utilizou un globo e unha botella de plástico baldeira.
Quedamos moi sorprendidos!!

martes, 1 de marzo de 2016

MALVADOS DE CONTO 6

POCIMA ANTIMALVADOS
        O prometido é deuda, a FADA PIRULETA deixounos unha pócima para cando esteamos nerviosos porque algún MALVADO fainos rabiar nos poidamos calmar por eso lle chamamos TARRO DA CALMA.
               Tamén nos deixou dous reloxos de area un para a aula de 3 anos de 5 minutos e outro para a clase de 4 anos de 7 minutos que é o tempo que temos que estar mirando o TARRO DA CALMA, é moi interesante pois asi tamén nos serve para que aprendamos a xestionar o tempo.