jueves, 23 de febrero de 2017

XOVES DE ENTROIDO

O xoves xuntaremos:
sombreiro, luvas e lentes,
fáltanos a GRAVATA
isto xa é para valentes!



MERCORES DE ENTROIDO

O mércores sombreiro e luvas
no teu corpo traerás
e non esquezas unhas LENTES
que na cabeza lucirás.



miércoles, 22 de febrero de 2017

MARTES DE ENTROIDO

O martes seguimos as ordes
da Marquesa de Vilaxoán,
o sombreiro e unha LUVA
traerás en cada man.




martes, 21 de febrero de 2017

LUNS DE ENTROIDO

Comezamos a semana, 
será o luns cun SOMBREIRO.
É entroido en Vilaxoán,
que o saiba o mundo enteiro!



viernes, 17 de febrero de 2017

EXPERIMENTANDO COA AUGA

Os nenos/as de infantil estamos traballando un proxecto que se chama "Xogamos coa auga". Está relacionado co proxecto que se leva a cabo a nivel centro sobre Peque Ciencia. Estamos coñecendo diversos estados da auga e saboreándoa de diferentes xeitos. 













POLICIA LOCAL

O mércores tivemos a visita de Jose, un Policía Local da zona de Vilagarcía. Estivemos vendo uns vídeos cos que aprendemos moitas cousas de seguridade vial e, despois, tivemos a sorte de poder subir ao seu coche, así como de poñer as luces, a sirena, o chaleco antibalas...pasámolo moi ben!!



viernes, 10 de febrero de 2017

VISITA EQUINA

Hoxe tivemos a sorte de ter unha visita moi especial no cole. Un neno de quinto de primaria trouxo o seu cabalo para aprendernos un pouco mais sobre esta especie animal. A cara de asombro dos nenos/as non tiña desperdicio...


EMOCIONARIO: SOiDADE

Esta semana tocou traballar a emoción da Soidade, que lles costou un pocuco asimilar, xa que ás veces a confundían co aburrimento. Pero ao final, misión cumplida...jeje
Aquí vos deixamos a lámina e o corto traballado.