jueves, 30 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO

Os nenos/as de Educación Infantil estamos concienciados de que coa violencia non se chega a ningún lado. Por iso o venres día 24 estivemos traballando sobre este tema. Limos o libro "O país dos mandóns" e falamos sobre as diversas cousas que podemos facer coas nosas mans sen recurrir á violencia.
A andaina que se tiña prevista ao redor do centro tivo que ser suspendida por mor do mal tempo.



CELEBRACIÓN MAGOSTO

O pasado10 de novembro celebramos no cole o Magosto. Durante a mañá tivemos xogos populares no patio e despois degustación de castañas e duns riquísimos bolos preñados. Aquí vos deixamos algunha foto.





martes, 21 de noviembre de 2017

VISITA DUNHA MEIGA

Aproveitando o proxecto dos seres mitolóxicos, tivemos unha visita moi especial. Veu unha meiga a facernos un conxuro ao cole!
Pasámolo en grande!




jueves, 16 de noviembre de 2017

GALICIA MÁXICA

Este curso estamos traballando un proxecto sobre os seres mitolóxicos. Comezamos pola MEIGA e estas son algunhas das aportacións que estamos recibindo. 
Moitas gracias a todos pola vosa colaboración!!





martes, 7 de noviembre de 2017

ESTAMOS DE VOLTA!!

Ola!!
Xa estamos por aquí de volta!!
Comezar dándovos á benvida a este curso, aos que xa nos coñecedes de outros anos e aos novos deste.
Xa sabedes que por aquí iremos poñendo cousiñas dos traballos de aula e celebracións que se vaian facendo ao longo do curso.
E non pensedes que ata ahora non pasaron cousas...
Aquí vos deixamos algunhas fotos dun concerto didáctico, dunha exhibición de taekondo e zumba e da entrega de premios do concurso de cabazas!!







lunes, 6 de marzo de 2017

FESTA DE ENTROIDO

Este ano, xa que no cole estamos traballando o tema da ciencia, os disfraces do entroido non podían desentoar e ir en outra liña, así que, aquí vedes aos mais peques do centro disfrazados de gotas de auga, xa que o noso tema a traballar está sendo "Son unha pinga".






miércoles, 1 de marzo de 2017

·"SE BUSCAN VALIENTES"

   

Estamos traballando a canción de LANGUI "Buscando valientes" pretendemos que a mensaxe sexa diferente: conseguir que os nenos non se mostren indiferentes ante o acoso escolar e se poñan de lado do DÉBIL destacando que a fuerza non é física se non que sae do corazón.

jueves, 23 de febrero de 2017

XOVES DE ENTROIDO

O xoves xuntaremos:
sombreiro, luvas e lentes,
fáltanos a GRAVATA
isto xa é para valentes!



MERCORES DE ENTROIDO

O mércores sombreiro e luvas
no teu corpo traerás
e non esquezas unhas LENTES
que na cabeza lucirás.



miércoles, 22 de febrero de 2017

MARTES DE ENTROIDO

O martes seguimos as ordes
da Marquesa de Vilaxoán,
o sombreiro e unha LUVA
traerás en cada man.




martes, 21 de febrero de 2017

LUNS DE ENTROIDO

Comezamos a semana, 
será o luns cun SOMBREIRO.
É entroido en Vilaxoán,
que o saiba o mundo enteiro!



viernes, 17 de febrero de 2017

EXPERIMENTANDO COA AUGA

Os nenos/as de infantil estamos traballando un proxecto que se chama "Xogamos coa auga". Está relacionado co proxecto que se leva a cabo a nivel centro sobre Peque Ciencia. Estamos coñecendo diversos estados da auga e saboreándoa de diferentes xeitos.