miércoles, 30 de noviembre de 2016

Calendario de Adviento

Mañá comeza o tan desexado mes polos nenos/as, o mes do Nadal (como eles lle chaman), por iso nas aulas de infantil xa temos preparado cadanseu calendario para que saiban o que vai quedando. Este ano empregamos tubos de papel hixiénico e dentro levarán unha pequena sorpresa para a casa.



martes, 22 de noviembre de 2016

EMOCIONARIO: ALIVIO

A semana pasada estivemos traballando coa emoción do Alivio, a algúns custoulles mais que a outros, xa que non lles resultou de todo sinxela comprendela. Nos explicamos que é como un "casi" ou un "uf"...
Ademais, complementamos a explicación coa lectura de imaxes da lámina, así como co visionado do corto que vos deixamos aquí abaixo.


martes, 15 de noviembre de 2016

MAGOSTO

A semana pasada celebramos no cole o magosto, este ano quixemos traballar a tradición dos cucuruchos de periódico que se veñen a empregar dende fai moito tempo, por iso cada neno/a levaba as súas castañas en cadan seu propio. Ademais traballamos o conto de Maria a castañeira no que tamén aparecen representados.
Por outra banda, agradecervos a participación na II Exposición de trompos decorados. Son todos xeniais!!



viernes, 4 de noviembre de 2016

EMOCIONARIO: O MEDO

Pois coincidindo coa semana do Samaín, non se nos ocorreu unha mellor emoción para traballar que O medo, como xa é costume fixemos unha lectura de imaxes sobre a lámina e visionamos un corto.
Pero, ademais, tivemos a sorte de poder participara no Tunel do Terror que montaron os maiores de cuarto na súa clase. Non todos se atreveron a pasar, xa que estaba moi escuro...jeje




CELEBRANDO O SAMAÍN

A semana pasada e mais esta celebramos o Samaín, en Educación Infantil traballamos un pouco sobre a bruxa. Por iso, fixemos uns tags co lema de "Habelas hainas" para decorar os corredores.
Ademais, fixemos unha pócima para portarnos ben que nos veu a presentar unha bruxa (das de verdade jeje). Tamén visionamos o corto "A bruxa" que tanto lles gusta.
Deixamos aquí abaixo os gañadores do concurso de cabazas: Ainhoa de tres anos, Carlota Plaza de catro e Marcos de 5.