viernes, 18 de diciembre de 2015

                           BO NADAL 

        Chegamos o final do primer trimestre e despedimonos cunha festa de NADAL vemonos no 2016.






     Non comer moito que despoís engordades
               BESITOS DE PURPURINA

         DERRADEIROS PROTAGONISTAS DO ANO

     Estes son os derradeiros protagonistas do ano 2015 de 4 e 5 anos.
  
                                ASIER


ANDRÉS

 
                      A CASA DE PAPÁ NOEL

Os nenos de 3 anos vestimos de NADAL a nosa casiña de bonecas e convertiuse na casa de PAPÁ NOEL . Gustounos moito, e a PAPÁ NOEL  tamén :)





MENSAXE DE PAPA NOEL AOS NENOS/AS

Esta é unha mensaxe que nos enviou PapaNoel dende Laponia, para que sexamos conscientes de que non lle podemos pedir unha morea de cousas...

 
VISITA DE PAPA NOEL

Hoxe visitounos no cole PapaNoel, traia o cu todo manchado de entrar polas chimeneas, entregámoslle a carta e dounos unha piruleta de chocolate.
Mirade que caras de felicidade...












jueves, 17 de diciembre de 2015

                         O APALPADOR


Hoxe chegou o Apalpador ao Cole e trouxonos castañas...


ATA BAILAMOS UNHA MUIÑEIRA.

miércoles, 16 de diciembre de 2015

BOLIÑAS DE CHOCOLATE

Xa que cada vez faltan menos días para rematar o trimestre, imos facendo cousiñas diferentes. Hoxe tocou un taller de cociña no que elaboramos unhas ricas boliñas con birutas de chocolate. 
Por si lles encantan e tedes que facer mais na casa :), aquí van os ingredientes:
- Galletas esmagadas
- Leite condensada
- Un pouco de mantequilla
- Birutas de chocolate
Aquí vai o resultado... esperamos que lles gusten! 


PARABÉNS PARA TI...!!

Onte celebramos no cole os cumples dos nenos/as que estiveron este primeiro trimestre de cumple. E, fixemos unha pequena festa. Pásamolo moi ben!
Moitas felicidades a todos!



 

lunes, 14 de diciembre de 2015

viernes, 11 de diciembre de 2015

            OS NEN@S DE 5 E O CALENDARIO


           Este trimestre na clase de 5 anos  coñecemos distintos tipos de calendarios,unha actividade que nos deu moito xogo e aprendemos moito.




                SEGUIMOS CO NADAL

           Adornos de Nadal en INFANTIL que felices e contentos estamos.Cada vez maís nerviosos que xa tardan os REIS e estamos preocupados por RUDOLF que está moi triste.













                        SESIÓN DE CINE
















 Como xa están preto as vacacións, hoxe tocou SESIÓN DE CINE cunha peli da que sempre están a falar FROZEN.Asi que despois de darlle a entrada o acomodador e comprar palomitas apagaronse as luces e a disfrutar....


PROTAGONISTA 3 ANOS

Greta, foi a primeira protagonista na aula de tres. Aquí, como somos pouquiños, o protagonista dura 15 días, nos cales traen o seu xoguete e conto favorito, unha fotografía da familia, un alimento para compartir con todos os seus compañeiros, traballamos o conto que o protagonista truxo en setembro; así tamén, levan a mascota da aula á casa e un libro de poesías.
Sen esquecernos, do diploma cando rematan de facer todas as actividades.


10 DE DECEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DO NENO/A

Onte foi o día dos Dereitos do neno/a, para conmemoralo no centro cada aula elaborou un debuxo, texto, poesía sobre o que era para eles non ter dereito a... que gardaron, a posteriori, nunha caixa.
Despois estiveron todos expostos na entrada, e hoxe cada clase colleu a caixa doutro curso para traballar ese dereito e ver o que outros nenos/as expresaban.


Aquí vos deixamos unha canción que nos sirveu de axuda en infantil...


ESTREANDO AREAL

Onte, por fin puideron volver a disfrutar do areal que xa está rematado. E que quedou así de colorido...


XA SE ACERCA O NADAL...

Cada día falta menos para que chegue o nadal e, as tan ansiadas vacacións, de momento no cole seguimos traballando nunha morea de manualidades para decorar o centro. Aquí vos mostramos algunhas...

Este é a nosa árbore de nadal, creada a partir da reutilización dos cartóns de leite...





Aquí están os peques pintando para o concurso de decoración de portas que se ven celebrando dende o ano pasado. Cando esteán rematadas subiremos fotos para que vexades o resultado final...







Xa por último, mirade como pintamos as estrelas feitas cos tubos de papel hixiénico que trouxestedes....con spray!! Os nenos/as alucinaron :)

 


PANXOLIÑA 2

Os nenos/as de tres anos estamos traballando unha panxoliña de nadal que nos gusta moito: "RODOLFO EL RENO".

jueves, 10 de diciembre de 2015


                       PANXOLIÑA 1




Os nen@s de 4 anos este ano cantamos unha panxoliña que nos gusta moito: "XA ME TARDAN ESES MAGOS".

jueves, 3 de diciembre de 2015

                 RECICLANDO MÁSCARAS



     Os nen@s de catro anos seguindo co do reciclaxe  tocounos reciclar que trouxo a profe dunha marcha nocturna e quedaron moi chulas

     Hai vai un retazo da actividade.O pasaron moi ben.

       
TRABALLO COOPERATIVO






martes, 1 de diciembre de 2015

             
               CALENDARIO DE ADVENTO

        Hoxe é día 1 de Nadal comenza a conta atrás, este ano como xa vos dixemos todo vai ser feito con materiais de refugallos.A primeira mostra foi esta:un calendario de advento para cada aula.

                              4 ANOS


                               5 ANOS


3 ANOS