lunes, 30 de noviembre de 2015

 RECICLAR É DE SABIOS 

      Este ano como estamos traballando a reciclaxe imos decorar a zona de infantil con materiais de refugallo. Xa os iremos amosando os resultados.

                       CANCIÓN LAS 3 R


CONTENEDORES


ADORNOS


jueves, 26 de noviembre de 2015

 PROTAGONISTAS 4 E 5 ANOS

Aquí están os protagonistas desta semana coas súas poesias, moi bonitas por certo.

                                  TEO
                             

  MIGUEL
                                 
PONENCIA ÁLVARO BILBA0



     Para pais/nais: merece a pena perder uns minutos en escoitar esta ponencia das xornadas XESTIONANDO FILLOS celebradas en Barcelona.

viernes, 20 de noviembre de 2015

POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO

   Hoxe rematamos a exhibición de TROMPOS e repartimos os diplomas e os premios.
Aquí van as fotos dos participantes.

                              3 ANOS



                              5 ANOS




                            4 ANOS



jueves, 19 de noviembre de 2015




   COELLIÑO BRANCO


Hoxe catro nenos/as de quinto viñeron a contarnos un conto que nos gusta moito porque nos enseña que a forza non é sempre o maís importante.











                     PASAMOLO MOI BEN

miércoles, 18 de noviembre de 2015

PROTAGONISTA DA SEMANA 4 E 5 ANOS  

       Este ano, como ano pasado, cada semana un neno/a será o protagonista. Este ano traerán unha foto da familia, traballaremos o conto que trouxeron ao cole en setembro, traerán o alimento que queiran para compartir cos seus compañeiros e, como broche final, levarán á casa a MASCOTA.
Ademais, entre todos, intentaremos facer un libro de poesía precioso.
    Os nenos de 3 anos xa vos contarán o que van facer porque como son pouquiños..........

                                   NOA




                                                                      MARA



     Iremos informando todas as semanas.

sábado, 14 de noviembre de 2015

MAGOSTO

O venres celebramos no cole o Magosto, fixemos un montón de xogos populares no patio axudados polos nenos/as de sexto. Observamos como se asaban as castañas. E, para rematar, degustámolas acompañadas por un zume. Pásamolo moi ben. Aquí van unhas fotos...







"LIBRO VIAXEIRO"

O venres comezou a funcionar o "Libro Viaxeiro", que é unha das actividades que forman parte do Protagonista da semana. 
Cada vez que un neno/a sexa protagonista, levará un caderno á casa. Ao abrir a primeira páxina, nun sobre, van as instruccions de cómo debe ser cuberto. O mais salientable: trátase dun libro de poesías, deberedes poñer cariño e ilusión á hora de cubrilo; e, por suposto, hai que coidalo, posto que vai a pasar por moitas mans. A primeira poesía vai feita polas profes.
Esperamos que disfrurtedes da actividade!!



miércoles, 11 de noviembre de 2015

POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO

            Hoxe 11 de novembro día de SANMARTIÑO comenza unha exposición no corredor de infantil de trompos decorados polos nenos/as de 3, 4 e 5 anos.

Ainda que non foi moi participativa quedou moi chula.


Haberá premios para todos/as.

viernes, 6 de noviembre de 2015

Rematou o Samaín!!!

Pois hoxe damos por rematado o Samaín, coa entrega de premios de cabazas. En infantil o gañador foi....... XIÁN!!! Noraboa!!
Aquí deixamos unha foto del recibindo o premio e mais da súa cabaza!




E  despois de todos estes días de locos, tíñamos que rematar do xeito mais doce posible, así que ao final da mañá tocou reparto de caramelos de Samaín.
Boa fin de semana a todos/as!!

Luis Vallecillo

Onte disfrutamos no centro coa actuación de Luis Vallecillo, quen coa súa actuación "Cántoche un Conto", fíxonos participes dun concerto con diversas actiuacións e cancións. Pásamolo en grande!!


 

miércoles, 4 de noviembre de 2015

PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE CABAZAS

Este ano por primeira vez participamos nun concurso de cabazas. Os pequerrechos do cole foron moi participativos cuns traballos moi orixinais. Aquí queda un retazo.









BOA SORTE

martes, 3 de noviembre de 2015

SALVANDO AL PUMA AMERICANO

Hoxe tocou teatro acudimos a ver unha obra onde ser traballaba o medio ambiente e a solidaridade. Ahi vos dixamos un retazo.


domingo, 1 de noviembre de 2015

EMPEZAMOS SAMAÍN


    Este ano imos celebrar SAMAÍN ao grande ahi vai un adianto.

    Decoramos as portas das aulas e fixemos uns morcegos moi simpácitos con cápsulas de café aproveitando que estamos traballando a RECICLAXE.














FELIZ MINI VACACIÓNS