jueves, 30 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO

Os nenos/as de Educación Infantil estamos concienciados de que coa violencia non se chega a ningún lado. Por iso o venres día 24 estivemos traballando sobre este tema. Limos o libro "O país dos mandóns" e falamos sobre as diversas cousas que podemos facer coas nosas mans sen recurrir á violencia.
A andaina que se tiña prevista ao redor do centro tivo que ser suspendida por mor do mal tempo.



CELEBRACIÓN MAGOSTO

O pasado10 de novembro celebramos no cole o Magosto. Durante a mañá tivemos xogos populares no patio e despois degustación de castañas e duns riquísimos bolos preñados. Aquí vos deixamos algunha foto.





martes, 21 de noviembre de 2017

VISITA DUNHA MEIGA

Aproveitando o proxecto dos seres mitolóxicos, tivemos unha visita moi especial. Veu unha meiga a facernos un conxuro ao cole!
Pasámolo en grande!




jueves, 16 de noviembre de 2017

GALICIA MÁXICA

Este curso estamos traballando un proxecto sobre os seres mitolóxicos. Comezamos pola MEIGA e estas son algunhas das aportacións que estamos recibindo. 
Moitas gracias a todos pola vosa colaboración!!





martes, 7 de noviembre de 2017

ESTAMOS DE VOLTA!!

Ola!!
Xa estamos por aquí de volta!!
Comezar dándovos á benvida a este curso, aos que xa nos coñecedes de outros anos e aos novos deste.
Xa sabedes que por aquí iremos poñendo cousiñas dos traballos de aula e celebracións que se vaian facendo ao longo do curso.
E non pensedes que ata ahora non pasaron cousas...
Aquí vos deixamos algunhas fotos dun concerto didáctico, dunha exhibición de taekondo e zumba e da entrega de premios do concurso de cabazas!!