Esperamos que pasedes unhas felices "mini-vacacións", que os peques disfruten un montón e veñan coas pilas moi cargadas para o derradeiro trimestre do curso!
O venres pasado celebramos os cumpreanos, na aula de 3, tivemos a Carlos que é o primeiro en acadar os 4 anos. Pásamolo en grande. Moitas felicidades!!
Como remate do traballo feito na aula sobre a poetisa ROSALIA DE CASTRO fomos en tren ata Padrón á casa dos camelios e onde vivía ROSALIA. Contamos 20 camelios, vimos tamén un olivo e unha árbore sabia, aínda que o tempo non nos acompañou.
Tamén visitamos unha tenda de animais onde había moitos paxaros e unha serpe grandísima de cor amarelo.
Esta semana conmemorouse o Día da Muller Traballadora, Este foi o mural que elaboramos a nivel centro con fotos dos nenos/as realizando diversas tarefas domésticas.