viernes, 9 de enero de 2015

Cousiñas (atrasadas) de Nadal

Aínda que o nadal xa está rematado, mais vale tarde que nunca, así que imos poñer algunhas das cousiñas e traballos que realizaron os peques na derradeira semana do primeiro trimestre.

Visita de PapaNoel: o último día de cole visitounos PapaNoel, a quen lle demos as cartas que xa lle tiñan os peques preparados. Nalgunhas aulas entrou pola ventana, polo que a sorpresa aínda foi maior! 


Taller de cociña:coa axuda de queixiños, elaboramos unhas simpáticas caras de PapaNoel, a barba a simulamos con queixo de untar, este foi o resultado...


Decoración de portas: no cole celebrouse un concurso de decoración navideña de portas. Estas son as tres de infantil... a que quedaron bonitas?




Postais de Nadal: para felicitar o nadal, nas aulas elaboramos diferentes postais...



Obra de teatro "Salvar la Navidad": o xoves 17 de decembro a compañía de teatro "Cuarteatro" acudiu ao centro para representar unha magnífica obra de teatro. En realidade eran os nenos/as de 4º de primaria, pero o fixeron tan ben, que ao acabar a obra ata lle pediron autógrafos aos actores!


"Tin-Tin": este foi o villancico que traballamos todos os peques de infantil para o nadal. Deixamos aquí a melodía para ver se na casa se animan a cantalo....



No hay comentarios:

Publicar un comentario