viernes, 30 de septiembre de 2016

EMOCIONARIO: TERNURA

Nas aulas de 4 e 5 anos comezamos un proxecto anual para taballar as emocións. Partimos do libro "Emocionario" para traballar certos sentimentos para achegarnos mais aos sentires de cada un.
Esta semana tocou a Ternura, algo que resultou aos inicios algo complexo, pero que despois de moito traballo comprenderon.
Para elo, empezamos mostrando a lámina e conversando sobre o que nos provocaba. Ademais, asociamos as láminas cunhas melodías, en concreto para a ternura cunha de Schumann.
Xa para rematar, visionamos un corto e plasmamos o que significaba para nos a ternura. 
Aquí deixamos a lámina e o corto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario